08/12/10

Silvana Castro (profesora de Lingua e Literatura no ensino medio)

Silvana Castro García (profesora de Lingua e Literatura no ensino medio):
“É unha obra que nos pode resultar moi útil para as aulas de Lingua Galega ou para o enriquecemento persoal dunha persoa interesada en aspectos concretos do uso cotián da lingua galega. Especialmente significativos son os capítulos dedicados á representación gráfica da lingua oral e á Lingüística textual, porque até o momento constituían unha certa eiva nos manuais ou tratados gramaticais galegos. Outro dos aspectos que fan que a obra se torne unha ferramenta didáctica imprescindíbel son os abundantes cadros resumo que aparecen ao longo de todo o texto, e que, por poñer tan só algúns exemplos, se fan especialmente relevantes na descrición dos bloques dialectais, dos elementos do AFI (Alfabeto Fonético Internacional) adaptado ao galego, do paradigma verbal completo ou dos modelos de análise das diferentes funcións sintácticas, que constitúen bos referentes para as aulas de Lingua en diferentes niveis aos que queiramos adaptalos”.

Sem comentários:

Enviar um comentário