López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2010): Gramática Práctica da Lingua Galega (A Coruña: Baía Edicións)
26/12/10
Laura M. (filóloga)
Laura M. (filóloga): "por fin unha gramática en que aparecen oracións enteiras analizadas sintacticamente! Isto vai aforrar moitos quebradeiros de cabeza! Grazas".
Xpert dá como agasallo a Gramática Práctica da Lingua Galega
Pensabades que as gramáticas eran só para filólogos/as???
XPert, unha empresa de protección radiolóxica, ofrece a Gramática Práctica da Lingua Galega como agasallo natalicio ao seu persoal...
XPert, unha empresa de protección radiolóxica, ofrece a Gramática Práctica da Lingua Galega como agasallo natalicio ao seu persoal...
23/12/10
Laura Mariño Taibo (contratada predoutoral en Filoloxía-UDC)
Laura Mariño Taibo (contratada predoutoral en Filoloxía-UDC): "por fin unha gramática práctica! Seica fun das primeiras en ter esta obra imprescindíbel na biblioteca de calquera galego, sexa ou non especialista na materia, xa que se adapta a todas e todos: filólogos e non filólogos, especialistas ou profanos, alumnos de ESO, Bacharelato, Universidade... Sen dúbida, vaime resultar de grande axuda nas miñas aulas de sintaxe en Filoloxía Galega... Até o momento non encontrara ningunha obra práctica de sintaxe que resultase sinxela tanto para min como para o alumnado. Así que, para min o mellor que ten é esta parte!!!"
María Viturro (traballadora do ILG)
María Viturro Piñeiro (traballadora do Instituto da Lingua Galega): "a Gramática Práctica da Lingua Galega é unha obra de consulta obrigada para todas aquelas persoas interesadas tanto en aprender lingua como en ensinala. Este traballo amplía a visión estritamente gramatical e afonda en aspectos como a comunicación e a linguaxe ou a lingüística textual. Ademais é dunha grande utilidade o seu paso por cuestións ortográficas interesantes para a corrección de textos escritos.
O esforzo e a dedicación destes tres mozos reflíctese nun traballo completo, exhaustivo e verdadeiramente útil para profesores, tradutores, correctores, investigadores, alumnos e alumnas de galego".
O esforzo e a dedicación destes tres mozos reflíctese nun traballo completo, exhaustivo e verdadeiramente útil para profesores, tradutores, correctores, investigadores, alumnos e alumnas de galego".
21/12/10
Pedro Madeira (lector de portugués en Filoloxía-UDC)
Pedro Madeira, lector de portugués na facultade de Filoloxía da UDC, consulta a Gramática Práctica da Lingua Galega.
Ana Prada (opositora a PSX do Sergas)
Ana Prada (opositora a PSX do Sergas): "desde que teño a Gramática Práctica da Lingua Galega estou ben máis tranquila... Agora a praza é miña!"
19/12/10
Leticia Eirín (profesora de Literatura Galega na UDC)
Leticia Eirín (profesora de Literatura Galega na UDC): “a agardada Gramática Práctica da Lingua Galega é xa unha obra absolutamente esencial para o coñecemento da nosa lingua, pois reúne nun único volume todos os aspectos con ela relacionados: historia da lingua, dialectoloxía, morfoloxía, semántica... Compracémonos a...sí de ter xa entre as nosas mans unha gramática apta para calquera persoa que se queira achegar ao seu estudo, ben desde o descoñecemento, ben empregada como manual de consulta para especialistas ou como ferramenta con finalidade didáctica. Un volume que vén encher dun modo realmente meritorio un espazo antes baleiro no mundo gramatical e editorial galego”.
17/12/10
Montse Domínguez (profesora de Física na UDC)
Montse Domínguez (profesora de Física na UDC): "a Gramática Práctica da Lingua Galega está a me axudar a gañar confianza á hora de dar aulas e preparar material didáctico en galego. Ten de todo: ortografía, verbos, pronuncia, textos (como facer un currículo, un artigo científico, un póster)... E os exemplos non resultan artificiais, non soan a libro. Parabéns aos autores".
Beatriz Vilaverde (filóloga)
Beatriz Vilaverde (filóloga): "hai pouco tempo que cheguei ás Illes Balears para morar e a Gramática Práctica da Lingua Galega foi dos poucos libros que trouxen comigo; nun único volume encontro todo o que necesito para preparar aulas e continuar a estudar. O capítulo que me parece máis útil é o último, o da tipoloxía ...textual, moi necesario, por exemplo, para quen está a preparar os Celga. Alén diso, gostei moito das homenaxes aos amigos que aparecen nos exemplos (e tamén da cor verde da capa, que fai xogo cos meus ollos!)".
Francisco Salazar López, Nadine Balbach, Azzurra Tiburzio e Wojciech Chrzastek (alumnado do "Curso de lingua e cultura galegas" do Centro de Linguas da UDC)
A Francisco Salazar López, Nadine Balbach, Azzurra Tiburzio e Wojciech Chrzastek (alumnado do "Curso de lingua e cultura galegas" do Centro de Linguas da UDC) gustoulles moito a parte dedicada aos xéneros electrónicos, pois xa poden enviar unha mensaxe aos seus amigos mexicanos, alemáns, italianos e polacos que diga: "sei... m8 galego (hahahaha)".Ver mais
16/12/10
14/12/10
Xohán Xabier Baldomir (especialista na literatura galega dos séculos Escuros e do Prerrexurdimento)
Xohán Xabier Baldomir (especialista na literatura galega dos séculos Escuros e do Prerrexurdimento): "a Gramática Práctica da Lingua Galega é, sen dúbida, unha obra de referencia para coñecermos o noso idioma tanto desde unha perspectiva sincrónica como diacrónica. Interesoume especialmente o apartado dedicado ás variedades históricas do galego".
13/12/10
08/12/10
Fran Rei (vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
Fran Rei García (vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística):
“Antes do que por calquera contido concreto, decántome por un aspecto para min non menor: que a clareza expositiva non ten porque ser oposta ao rigor científico. A Gramática Práctica sabe combinar ben ambas as características, o que a converte nunha obra accesíbel para un público moi amplo e nunha desas ferramentas imprescindíbeis das que a nosa lingua tan necesitada anda. En definitiva, unha obra imprescindíbel para fixar un modelo lingüístico de calidade: un paso fundamental para termos unha lingua normalizada”.
“Antes do que por calquera contido concreto, decántome por un aspecto para min non menor: que a clareza expositiva non ten porque ser oposta ao rigor científico. A Gramática Práctica sabe combinar ben ambas as características, o que a converte nunha obra accesíbel para un público moi amplo e nunha desas ferramentas imprescindíbeis das que a nosa lingua tan necesitada anda. En definitiva, unha obra imprescindíbel para fixar un modelo lingüístico de calidade: un paso fundamental para termos unha lingua normalizada”.
07/12/10
04/12/10
Reseña de Silvana Castro
A compañeira Silvana Castro reseña a Gramática Práctica da Lingua Galega en Terra e Tempo...
Entra aquí!
Entra aquí!
Subscrever:
Mensagens (Atom)