08/12/10

Fran Rei (vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística)

Fran Rei García (vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística):
“Antes do que por calquera contido concreto, decántome por un aspecto para min non menor: que a clareza expositiva non ten porque ser oposta ao rigor científico. A Gramática Práctica sabe combinar ben ambas as características, o que a converte nunha obra accesíbel para un público moi amplo e nunha desas ferramentas imprescindíbeis das que a nosa lingua tan necesitada anda. En definitiva, unha obra imprescindíbel para fixar un modelo lingüístico de calidade: un paso fundamental para termos unha lingua normalizada”.

Sem comentários:

Enviar um comentário