23/12/10

María Viturro (traballadora do ILG)

María Viturro Piñeiro (traballadora do Instituto da Lingua Galega): "a Gramática Práctica da Lingua Galega é unha obra de consulta obrigada para todas aquelas persoas interesadas tanto en aprender lingua como en ensinala. Este traballo amplía a visión estritamente gramatical e afonda en aspectos como a comunicación e a linguaxe ou a lingüística textual. Ademais é dunha grande utilidade o seu paso por cuestións ortográficas interesantes para a corrección de textos escritos.
O esforzo e a dedicación destes tres mozos reflíctese nun traballo completo, exhaustivo e verdadeiramente útil para profesores, tradutores, correctores, investigadores, alumnos e alumnas de galego".

Sem comentários:

Enviar um comentário